Esteban

Esteban Calviño, profesor de Matemáticas.


  • Traballa en colaboración cos profesores de Pedagoxía Terapéutica (Beatriz e Pablo) facendo   participar a un alumno con necesidades educativas especiais, en diferentes tarefas do Proxecto MeteoMuxía.
                                           
  • Entre os meses de decembro a maio o alumnado de 3ºPDC e Borja estiveron a realizar medicións da velocidade do vento co noso ventómetrus. As medicións realizáronse os martes e xoves as 13:00 horas sempre que foi posible. Cos datos recollidos o alumnado de 3º PDC realizou un estudo estatístico simple e plasmaron os resultados graficamente.
                                  
                 


            E obtiveron conclusións...



  • "A curvatura da Terra fai imposible a súa fiel representación nun mapa plano. Os alumnos e alumnas de 3º PDC estudaron as causas desta imposibilidade e fixeron unha análise dos diferentes tipos de proxeccións existentes así como un estudo de cada unha delas en función das características que preservan: ángulos, áreas... Unha vez feito isto, e de forma individual, conxeturaron cal sería a mellor proxección para representar as zonas climáticas globais, chegando á conclusión de que serían as proxeccións isoareais as que mellor se axustarían."
                                                     
                                               
  • Supervisa un traballo sobre o Cambio Climático cos alumnos de 3º PDC. Os rapaces recompilaron información sobre as causas do incremento do efecto invernadoiro, analizaron as posibles consecuencias no noso planeta e reflexionaron sobre as medidas a adoptar tanto desde as  institucións como de forma individual, para reducir os efectos do Cambio Climático.                                          
  • O alumnado de 3º PDC realizou unha presentación por grupos sobre a luz. Explicáronnos brevemente a natureza da luz. Realizaron experiencias onde se mostraban os fenómenos de refracción e reflexión da luz. Todo isto entronca coa formación de fenómenos meteorolóxicos coma o arco da vella, fotometeoros causados pola dispersión da luz por gotas de auga ou cristais de xeo presentes na atmosfera. Ademais, falaron do que son os espellismos e de como se producen. Para rematar, comentáronnos brevemente como funciona o noso ollo.